Na páxina web disponse dunha guía de axuda para a instalación da APP “TokApp”
Mentres non se normalice a situación provocada polo COVID-19, todos os usuarios da Central (gandeiros, transportistas e tratantes) deberán comunicar, previamente a cada poxa, e mediante o formulario habilitado na páxina web ou a través de mail info@centralagropecuariadegaliciaabanca.es, WhatsApp (teléfono 673.798.315), o número de reses que van introducir (tendo en conta os límites das cotas establecidas previamente para transportistas e tratantes). Terase en conta a data/hora de solicitude no caso de alcanzar a capacidade máxima.
As solicitudes serán presentadas ata o venres anterior á poxa ás 12.00 h. e antes das 15.00 h. dese mesmo venres darase resposta a todas as solicitudes presentadas.
No caso de gandeiros que vaian operar por primeira vez na poxa, deberán enviar á hora de realizar a súa solicitude unha copia do modelo 036 donde consta o réxime fiscal no que están dados de alta. Este modelo deberá ser enviado tamén por aqueles gandeiros que cambiaran o seu réxime fiscal respecto ás últimas vendas realizadas na poxa.
Co obxecto de non acumular un excesivo número de animais, e mentres non se normalice a situación, fíxase un número máximo de cabezas de gando:
A cada transportista e tratante indicaráselle a cota máxima de cabezas que poden enviar á poxa en función dos animais introducidos en poxas anteriores.
No caso dos gandeiros, todos aqueles cuxa solicitude fora rechazada por chegar ao número máximo de cabezas de gando, poderán solicitar no momento da comunicación manter a preinscrición para a semana seguinte.
Non se aceptarán animais cuxa data de nacemento rexistrada no DIB sexa menor de 15 días nin aqueles animais que presenten taras (cegueira, coxeira, etc..)
O martes, a primeira hora e a quen o solicite, facilitaráselle unha listaxe dos animais coa súa idade, raza, sexo, crotal, número de poxa e etiqueta (tenreira galega, suprema, etc.), totalizado ou filtrado.
Non se admitirá ningunha poxa entregada con posterioridade a este horario límite. (modificación do artigo 18 da normativa).
Os compradores deberán notificar ao persoal da Central calquera anomalía que perciban nos animais a poxar. Estas incidencias serán notificadas ao resto de operadores comerciais tan pronto se teña constancia para que os revisen e modifiquen as poxas se o consideran oportuno. Devanditos animais serán concentrados fisicamente nunha gaiola separada na nave de poxa. No caso de que a Central así o determine, estes animais poderán ser obxecto de revisión polos servizos veterinarios.
Así mesmo, indicaranse os animais notificados con anomalías para que os compradores poidan volver revisalos e modificar a poxa se o consideran oportuno.
Unha vez transcorrido este período facilitaráselle un novo listado corrixidas as modificacións e erros detectados. Non se admitirá ningunha modificación nas poxas que non sexa producida por un erro de gravación ou por unha causa excepcional (falecemento ou enfermidade do animal), quedando pendente dos posibles rexeitamentos dos vendedores para ser definitivo o listado de adxudicacións.
Antes do comezo da Subasta e unha vez pechadas as poxas notificaráselle mediante “TokApp”, WhatsApp e Mail aos vendedores aqueles animais retirados polos Servizos Veterinarios e os animais que quedaron desertos (sen recibir ningunha poxa).
Por razóns de seguridade e coa fin de evitar a acumulación de persoas na sala de poxas, as adxudicacións serán publicadas únicamente a través da páxina web (www.centralagropecuariadegaliciaabanca.es) e a App TokApp (previo rexistro). Polo tanto, as adxudicacións non se realizarán mediante “cante” e vídeo na sala de poxas como viña sendo habitual.
No caso da Poxa de Vacas e Cebados publicarase a totalidade da poxa, e no caso dos Tenreiros de Recría publicarase en lotes de 100.
Os vendedores dispoñerán de 15 minutos desde a hora de publicación da lista na páxina web e na APP para presentar alegacións ou para rexeitar o prezo. Unha vez transcorrido este tempo a adxudicación considerarase definitiva.
A Central Agropecuaria de Galicia Abanca non se fai responsable dos posibles fallos na recepción das listas debido a problemas de cobertura ou fallos nos terminais dos usuarios. Se os usuarios detectan algunha anomalía deberán poñerse en contacto coas oficinas da Central Agropecuaria de Galicia Abanca.
Os rexeitamentos e alegacións poderán realizarse así mesmo na sala de poxas, por turnos e entrando unha única persoa, ou ben a través da APP TokApp (previo rexistro) (modificación do artigo 18 da normativa)
Fíxase o seguinte cadro de sancións por número de animais rexeitados, en función do número de rexeitamentos por vendedor na poxa.
TENREIROS RECRÍA | |||||
ANIMAIS | Rexeita 1,2 | Rexeita 3,4,5, | Rexeita 6,7,8,9,10 | Rexeita ,11-12,13,14,15 | Rexeitamentos de 16 en diante |
De 1 a 5 | 2,50 € | 5,50 € | |||
De 6 a 10 | 2,50 € | 5,50 € | 12 € | 16 € | |
De 11 a 15 | 2,50 € | 5,50 € | 12 € | 16 € | |
Máis de 16 | 2,50 € | 5,50 € | 12 € | 16 € | 20 € |
CEBADOS | |||||
ANIMAIS | Rexeita 1,2 | Rexeita 3,4,5, | Rexeita 6,7,8,9,10 | Rexeita ,11-12,13,14,15 | Rexeitamentos de 16 en diante |
De 1 a 5 | 5,50 € | 15,00 € | |||
De 6 a 10 | 5,50 € | 15,00 € | 20 € | 25 € | |
De 11 a 15 | 5,50 € | 15,00 € | 20 € | 25 € | |
Máis de 16 | 5,50 € | 15,00 € | 20 € | 25 € | 30 € |
VACAS | |||||
ANIMAIS | Rexeita 1,2 | Rexeita 3,4,5, | Rexeita 6,7,8,9,10 | Rexeita ,11-12,13,14,15 | Rexeitamentos de 16 en diante |
De 1 a 5 | 5,50 € | 15,00 € | |||
De 6 a 10 | 5,50 € | 15,00 € | 30 € | 40 € | |
De 11 a 15 | 5,50 € | 15,00 € | 30 € | 40 € | |
Máis de 16 | 5,50 € | 15,00 € | 30 € | 40 € | 50 € |
Silleda, 20 de maio de 2020
>>> PDF COA NORMATIVA DA CENTRAL AGROPECUARIA DE GALICIA ABANCA <<<