Novo sistema de participación
na Central Agropecuaria de Galicia ABANCA

 Horario de entrada de animais: dende o luns ás 15 h. ata as 1.30 h. do martes
Peche da oficina para entrega de documentación: 2 h. do martes. 

      

(Os prezos dos animais presentados a subasta estarán publicados, todos os martes, a partir das 11.00 h. e ata as 20.00 h.)

                

Información IMPORTANTE para NOVOS VENDEDORES: 

Para traer animais á subasta por primeira vez, temos que dalo de alta previamente como vendedor. Para elo debe facernos chegar á seguinte documentación:

    1. Copia da Folla de saneamento da explotación onde figure o nome do titular, dirección e CEA (Aquí pode ver un tutorial en pdf de como descargar a acreditación sanitaria ou folla de saneamento)
    2. Modelo 036 (alta da actividade) ou ben Certificado de Situación Censal da AEAT para saber en qué tipo de IVE está dado de alta.
    3. Certificado de conta bancaria na que ten que figurar o nome e o DNI do titular da explotación. Os días de pago son: Xoves: becerros; Luns: vacas e cebos).
    4. Número de teléfono
    5. A súa dirección de correo electrónico para enviarlle os recibos de venda dos animais.
    6. Instalar o TOKAPP no móbil (aquí pode ver un vídeo de como se instala e un manual de uso en pdf)

Unha vez que revisemos a documentación e estea correcta, procederemos a dalo de alta como vendedor e comunicarémoslle a data na que pode empezar a traer animais para a subasta (Que será por norma xeral a próxima subasta)

Toda esta documentación pode enviala por correo electrónico a info@centralagropecuariadegaliciaabanca.es  ou por whatsapp ao número da subasta 673798315. Para calquera aclaración pode poñerse en contacto con nos neste mesmo número de teléfono

Aplicación TOKAPP para recibir os prezos dos seus animais no móbil: 

Esta aplicación permítelle:

  • Coñecer o prezo de subasta do seu animal
  • Rexeitar o animal
  • Ou coñecer calquera incidencia que se produza na subasta.

pode búscala en GOOGLE :

  • TOKAPP mensaxería ,
  • E ESCOLLE o debuxo da BICICLETA, instalar e rexistrarse e cando finalice ten que avisarnos en que número de móbil o fixo para  poder enviarlle os seus datos o día da subasta.

Avise por teléfono ou whastapp ao número da Subasta  673 798 315.

Como fago para REXEITAR a venda? 

Mediante a app Tokapp recibirá un listado cos números dos seus animais e as poxas máximas. No caso de querer rexeitar alguna deberá responder na mesma mensaxe, indicando o número de animal que rexeita e no caso de ser varios indique todos na mesma mensaxe, unha vez enviada xa non se pode volver enviar. Só disporá de 15 minutos dende a súa recepción para poder rexeitar a poxa.

Tamén pode  ver os prezos dos animais das diferentes subastas nos seguintes enlaces e só o martes en horario de 11:00 a 20:00 h.

                

Para ver as medias dos prezos das anteriores subastas https://centralagropecuariadegaliciaabanca.es/precios_semanales/

E NON ESQUEZAS

CONSULTAR AS

location-icon

ENDEREZO
CENTRA AGROPECUARIA DE GALICIA ABANCA
Avda. Recinto Ferial S/N
36540 Silleda – Pontevedra

BECERROS DE RECRÍA, CEBADOS E VACAS

SEMPRE AO MELLOR PREZO