EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
En consonancia co Regulamento Xeral da Central Agropecuaria de Galicia Abanca, establécese o seguinte Regulamento que define as normas específicas das Poxas de Gando Vacún, celebradas no marco da presente Central, no Recinto Feira Internacional de Galicia.
Son obxectivos específicos do presente Regulamento establecer as normas de funcionamento así como os dereitos e obrigas, de inescusable cumprimento, de todas aquelas persoas, compradores ou vendedores que realicen transaccións de vacún a través da Central Agropecuaria de Galicia.
Tendo en conta as disposicións establecidas no Regulamento Xeral da Central Agropecuaria de Galicia Abanca, a Fundación Semana Verde de Galicia, en calidade de Entidade Promotora e Xestora da Central dita o seguinte Regulamento:
CAPÍTULO I: ESTRUTURA, OBXECTIVOS E FINS DAS POXAS DE VACÚN.
Artigo 1. – Obxecto.
O presente Regulamento ten por obxecto establecer as normas de funcionamento das Poxas de Gando Vacún celebradas no marco da Central Agropecuaria de Galicia Abanca.
Artigo 2. – Fins.
Son fins específicos das Poxas de Vacún os seguintes:
Artigo 3. – Ubicación.
As Poxas de Vacún realizadas no marco da Central Agropecuaria de Galicia Abanca estarán ubicadas no Recinto Feira Internacional de Galicia, situado na localidade pontevedresa de Silleda.
Artigo 4. – Celebración.
As poxas de vacún terán unha periodicidade semanal, fixándose como día habitual de celebración os martes.
No caso de non poder celebrarse algunha das poxas nas datas habituais establecidas no parágrafo anterior, será a entidade promotora e xestora da Central Agropecuaria de Galicia Abanca a encargada de trasladala de día ou da súa suspensión, mediante comunicación aos habituais operadores coa antelación suficiente e mediante os anuncios pertinentes nas propias instalacións da Central Agropecuaria.
Artigo 5. – Dirección das poxas.
O funcionamento, dirección e representación das poxas correrá a cargo do Director Xeral da Fundación Semana Verde de Galicia, o cal ten plenos poderes para isto.
Serán funcións específicas da organización:
A organización das poxas porá a disposición de todos os operadores uns modelos normalizados de partes de incidencias e un buzón de suxestións, a fin de que estes teñan unha interlocución directa coa Entidade Xestora e Promotora da Central Agropecuaria de Galicia Abanca.
Para velar polo cumprimento das súas funcións específicas, a organización designará o equipo humano necesario e nomeará a figura dun Coordinador da Poxa quen:
CAPÍTULO II. DOS VENDEDORES.
Artigo 6. – Definición.
Poderán participar como vendedores nas Poxas de Vacún todas aquelas persoas que o desexen e sexan criadores ou propietarios de gando vacún, e que previamente se identifiquen e se acrediten nas oficinas das poxas en tempo e forma (ben presentando o seu CEA ou, no seu caso, o carné de operador comercial).
Artigo 7. – Acreditación.
Todo vendedor, para acreditarse como tal, deberá facilitar á organización os seguintes datos:
Artigo 8. – Obrigas.
O vendedor, baixo a súa responsabilidade comprométese a presentar animais sans, que non padezan ou presenten síntomas de ningunha enfermidade infecto–contaxiosa ou defecto físico que impida o seu manexo e cría natural. O incumprimento desta obriga dará lugar á devolución íntegra do importe do valor do animal.
Para os datos do animal, o propietario ou o seu representante deberá facilitar o recibo de recepción e a documentación sanitaria de acompañamento do animal, que son:
A documentación sanitaria que entregue o propietario do animal á organización da Subasta, será a correcta para que o novo adxudicatario poida retirar o animal. Hai unha excepción: no caso dos animais que veña provistos de guía de saneamento para a súa entrada no recinto, será o comprador o responsable de solicitar a guía de saída.
É obriga do vendedor, presentar esta documentación sanitaria, entre as 15.00 horas do luns e as 2.00 horas do martes.
A retirada dos animais cuxa transacción fose rexeitada polo vendedor e daqueles que non obtiveran poxa algunha (os desertos), efectuarana os seus propietarios unha vez finalizada a poxa e cando xa teñan sido separados do resto de animais polo persoal da organización e previa entrega do recibo de recepción e do pago do correspondente canon.
Para o caso dos intermediarios no que non coincide o nome do vendedor do animal co que figura no D.I.B., para poder cobrar os talóns nominativos, o vendedor terá que asinar un documento preparado a tal efecto pola Central, no que figure a listaxe idententificada dos animais cos seus números de crotal e de orde na subasta, e certifique que foron adquiridos no ámbito habitual do seu negocio.
No caso de cambios de réxime fiscal ou detección de erros na aplicación do IVE ou das retencións sobre o IRPF, solicitarase o documento oficial da Facenda Pública que os acrediten (declaración censal modelo 036) e non se realizarán despois de tres meses da data da transacción nin unha vez finalizado o ano en curso.
No caso de cambio de titularidade do CEA, este deberá ser informado antes do comenzo da subasta, no momento de entrega da D.I.B.
CAPÍTULO III. – DOS COMPRADORES.
Artigo 9. – Definición.
Poderá ser comprador toda persoa (física ou xurídica) que estea en posesión do carné de operador comercial ou dado de alta no Imposto de Actividades Económicas como cebadeiro industrial ou comercializador de carne, e que sexa acreditado e admitido pola Dirección da Poxa.
Artigo 10. – Admisión.
Para ser admitido como tal, o comprador ten a obriga de aceptar unha das dúas formas de pago estipuladas pola organización da Central Agropecuaria de Galicia:
Artigo 11. – Dereitos e Obrigas xerais.
O comprador poderá establecer un tope máximo na adxudicación de animais que o protexa dun exceso de adxudicacións. Deberá reflectir este tope máximo que pode adquirir, no primeiro impreso de poxas que entregue, ou na casilla correspondente da App. O sistema informático de adxudicacións terá en conta este límite e cando se alcance deixará de contemplar as poxas do comprador.
O comprador ten a obriga de facerse cargo dos animais polos que poxase e lle sexan adxudicados.
A Central Agropecuaria de Galicia facilitará aos compradores unha relación da totalidade das transaccións realizadas no día, así como dos recibos individualizados de cada compra asinados polos vendedores.
Para aqueles animais que veñan provistos de guía de saneamento para a súa entrada no recinto o responsable de solicitar a guía de saída será o comprador.
CAPÍTULO IV. – PROCEDEMENTO DA POXA.
Artigo 12. – Identificación e aloxamento do gando.
Son obrigas da entidade promotora e xestora da Central Agropecuaria de Galicia Abanca a identificación e aloxamento do gando vacún. Así, específicamente corresponde a ésta:
Artigo 13. – Licitacións e adxudicacións:
En todo caso, se a poxa eliminada fose correcta, o comprador sempre terá dereito a pedir a revisión dos impresos e solicitar manter a taxación inicial, co cal se lle daría validez e se lle adxudicaría o animal.
Artigo 14. – Pagos.
As formas de pago serán:
O pago do gando adxudicado, será realizado pola Fundación Semana Verde de Galicia, por conta dos compradores.
Unha vez adxudicado o animal, e previo troco do recibo de recepción polo recibo oficial de venda do animal, o vendedor recibirá transferencia nunha entidade bancaria, agás para o vacún maior e de cebo que se abonará mediante transferencia a seis días da data da subasta.
No caso das vacas e cebados, para aqueles animais que non cheguen ao seu ciclo final de comercialización (decomiso total, parcial ou retención por probas dos servizos veterinarios de saúde pública nos matadoiros), procederase á cancelación do correspondente pago.
Para xustificar dita cancelación o comprador afectado deberá facer entrega de inmediato á organización da copia da acta oficial asinada polo veterinario de Saúde Pública da Xunta de Galicia que teña feito a inspección. Nesta deberá reflectirse a actuación realizada, motivos e resultados para remitir ao vendedor do animal e comunicarlle a anulación da transación e, consecuentemente, do pago.
A Central Agropecuaria proporcionará aos compradores, no momento de efectuar o pago, os correspondentes recibos individuais, así como unha relación de todas as compras realizadas na sesión.
A Central Agropecuaria poderá reter o pago dalgún animal, ben por defecto na súa documentación sanitaria ou por falta dalgún dos documentos esixidos, ata que se produza a validación dos mesmos.
A Central poderá reter ou descontar o pago de cantidades adebedadas por vendedores e compradores, de posteriores transaccións realizadas na Central Agropecuaria.
Artigo 15. – Horarios e Calendarios.
As poxas de vacún teñen unha periodicidade semanal, fixándose como día habitual de celebración os martes.
A entrada de gando deberá realizarse con carácter xeral entre as 15.00 horas do luns e as 13.30 horas do martes, hora na que as portas do recinto pecharán para a entrada de gando. De forma especial, as portas do recinto volveranse abrir para recibir gando desde as 5.00 horas e as 6.00 horas do martes. Non se admitirán aqueles animais que sexan presentados fóra deste horario.
O gando comercializado deberá retirarse do recinto da Central antes das 21.00 h. do martes, salvo circunstancias excepcionais que deberán ser previamente autorizadas pola organización e os servizos veterinarios oficiais que atenden o mercado.
O recinto da Central permanecerá pechado dende as 13:30 h ata as 5:00 h e a partires das 21:00 h do martes.
Artigo 16. – Procedemento das poxas:
Este é o período oficial de poxas e a partir desa hora non se admitirá modicación algunha nas poxas ou tiras. Se as tiras fosen entregadas con anterioridade á finalización do período oficial para axilizar o procesamento dos datos, admitiranse modificacións sempre e cando sexan realizadas no documento normalizado que a tal efecto facilitará a organización (e sempre na orde que definen os números de subasta) e entregadas dentro do devandito período oficial.
A organización pode alterar os horarios aquí fixados como consecuencia do volume de gando que se presente a subasta e sempre para axilizar todo o proceso. Deberá informar públicamente dos cambios antes das 6.00 h. da mañá.
1º: Poxa de Becerros de Recría.
2º: Poxa de Vacas
3º: Poxa de Becerros Carniceiros.
CAPÍTULO V. – RÉXIME ECONÓMICO.
Artigo 17. – Réxime Económico.
Para o sostemento económico da Central Agropecuaria de Galicia Abanca, ésta poderá establecer taxas, comisións e outros mecanismos económicos/financeiros que considere oportunos. Así mesmo, tamén poderán figurar entre os ingresos as doazóns e subvencións que a favor desta se constitúan.
Artigo 18. – Figuras Económicas.
A Entidade Promotora e Xestora da Central Agropecuaria de Galicia Abanca establece as seguintes figuras económicas, diferenciando as que se refiren aos animais comercializados e aos non comercializados:
Todos os animais que concorran á Poxa de Vacún veranse obrigados ao pago dunha taxa de entrada que será descontada do valor de adxudicación.
A contía das taxas de entrada están definidas no seguinte cadro:
TAXAS FIXAS | |
BECERROS DE RECRÍA | 4,00 € |
BECERROS CARNICEIROS | 8,00 € |
VACÚN MAIOR | 8,00 € |
FÓRA DE POXA E DESERTOS | Taxa entrada |
REXEITADOS | Taxa entrada(*) |
GANDO EN TRÁNSITO | 2,50 € |
(*)Para aqueles animais cuxa transacción fora rexeitada polo vendedor (situación “rexeitados”) estarán obrigados ao pago da taxa de entrada, igual que os realmente comercializados. Á parte establécense sancións en base ao número de animais aportados á poxa e ó número de animais rexeitados. Recóllense nos cadros adxuntos por tipo de poxa:
Ás cantidades especificadas na adenda do presente regulamento haberá que sumarlles o IVE correspondente.
A organización entregará a factura correspondente do custo do servizo.
CAPÍTULO VI. NORMAS ADICIONAIS.
Artigo 19.- Gando en tránsito.
Tendo en conta que a normativa de benestar animal esixe a descarga dos animais que levan xa un tempo no camión e que a Central está obrigada a rexistrar sanitariamente a súa entrada e saída no recinto, créase a figura de gando en tránsito que é aquel que entra e sae das instalacións sen ser comercializado nelas, polo que está fóra do procedemento das poxas.
O gando en tránsito non poderá ser de ningunha maneira obxecto de tratos comerciais no recinto, pois isto suporía un dano importante ás poxas. En caso de detectarse estes tratos serán motivo de expulsión das poxas.
O gando en tránsito terá unha área especialmente habilitada para él na que non se clasificará, nin se crotalizará, nin se cargará e descargará, nin se lle ofrecerá servizo algún.
É responsabilidade directa do entrador o entregar os documentos sanitarios correctos e facerse cargo das taxas correspondentes.
Este gando estará suxeito a unhas taxas de entrada específicas que se detallan no artigo 18 deste regulamento.
Artigo 20. – Responsabilidade do gando recibido.
A Central Agropecuaria de Galicia é a responsable de todo o gando introducido á poxa durante a súa estancia no recinto.
Esta responsabilidade dará comezo no momento no que o propietario ou transportista entrega a súa res e esta sexa crotalizada ou situada nun amarre ou corraleta numerada. Sempre deberá quedar xustificada a recepción coa entrega dun ticket normalizado da CAG.
Os adxudicatarios das reses na poxa, compradores, asumirán a responsabilidade no momento que inicien a carga do gando, procedendo este a súa liberación do amarre ou corraleta para dirixilo o seu vehículo situado no peirao de carga. Desde este momento, a CAG queda liberada de calquera incidencia que poida xurdir coas reses asignadas.
A CAG dispón dun sistema de cámaras de vídeo tanto no interior das naves como no exterior, das cales poderá facer uso para visualizar calquera incidencia que poida xurdir.
Artigo 21. – Réxime Sancionador.
A participación como comprador ou vendedor, implica a aceptación de todas as normas recollidas no presente Regulamento.
Queda terminantemente prohibida en toda a área do Recinto calquera transacción de gando, que non sexa a través das poxas. Polo tanto, aqueles animais cuxa transacción fose rexeitada, deberán ser retirados polos seus propietarios ou persoas ao seu cargo.
O incumprimento do disposto no presente regulamento, dará lugar á inhabilitación como comprador ou vendedor nesta poxa, por un período de 3 meses; no caso de reincidencia a penalización será de un ano.
Artigo 22. – Dereito de Admisión.
A Central Agropecuaria de Galicia Abanca resérvase o dereito de admisión nas súas poxas. Poderá excluírse das mesmas a todos aqueles operadores que considere polas súas actitudes ou malas prácticas.
Artigo 23. – Interpretación.
A Entidade Promotora e Xestora da Central Agropecuaria de Galicia Abanca será a responsable de interpretación do Regulamento así como a encargada de dirimir todas aquelas cuestións que poidan presentarse, e que non estean recollidas no presente regulamento.
Artigo 24. – Modificacións Regulamentarias.
Corresponde á Entidade Promotora e Xestora a modificación do Regulamento Xeral de Funcionamento así como os Regulamentos Específicos de Poxas.
Asemade tamén corresponde á Entidade Promotora e Xestora da Central Agropecuaria o establecemento e modificación dos mecanismos económico/financeiros.