SILLEDA - GALICIA - ESPAÑA
Subasta e mesas de prezos tódolos martes

CENTRAL AGROPECUARIA DE GALICIA ABANCA

SILLEDA - GALICIA - ESPAÑA
Subasta e mesas de prezos tódolos martes

CENTRAL AGROPECUARIA DE GALICIA ABANCA

SILLEDA - GALICIA - ESPAÑA
Subasta e mesas de prezos tódolos martes

CENTRAL AGROPECUARIA DE GALICIA ABANCA

SILLEDA - GALICIA - ESPAÑA
Subasta e mesas de prezos tódolos martes

CENTRAL AGROPECUARIA DE GALICIA ABANCA

SILLEDA - GALICIA - ESPAÑA
Subasta e mesas de prezos tódolos martes

CENTRAL AGROPECUARIA DE GALICIA ABANCA

SILLEDA - GALICIA - ESPAÑA
Subasta e mesas de prezos tódolos martes

CENTRAL AGROPECUARIA DE GALICIA ABANCA

SILLEDA - GALICIA - ESPAÑA
Subasta e mesas de prezos tódolos martes

CENTRAL AGROPECUARIA DE GALICIA ABANCA

Anterior
Siguiente

Reábrense as feiras a partir do luns, só con animais da Comunidade Galega.

Silleda, 28 de novembro de 2025.-Para a próxima subasta do día 02/12/2025 hai cupo para as tres subastas, recría, cebo e vacas e non se recepcionarán animais en tránsito ata novo aviso

O horario de entrada de animais é dende o luns ás 15 h. ata as 1.30 h. do martes.

Peche de oficina para entrega de documentación: ás 2 h. do martes.

TOPES DE ASISTENCIA ás SUBASTAS de recría e cebos (para a poxa do 9/12/25)

8 e 15/7/2025 TOPE para todas as subastas
___________________________
AS COMUNICACIÓNS DOS CUPOS SÓ SE FARAN POR WHATSAPP AO NÚMERO 673798315

Se vostede é particular e envía os animais por un transportista debe poñerse en contacto con él para comunicarlle o número de animais que desexa enviar á feira antes das 12.00h. do venres.

Se vostede é particular e transporta os seus animais debe solicitar por whatsapp o número de animais que quere traer á feira

Se vostede é transportista  debe poñerse en contacto con nós a través de whatsapp para solicitar o cupo máximo de animais a transportar.

Se vostede é operador comercal debe poñerse en contacto con nós a través de whatsapp para saber que número de animais pode traer á feira.

Agradecemos a súa máxima colaboración para conseguir dar cabida ao maior número de animais permitido.

cAMBIOS PARA TRAER OS ANIMAIS

Novo cambio: Todos os animais deben entrar con Guía.

  • Guía regular
  • Autoguía

Os dous documentos incorporan o Anexo de vacinación no caso de que a explotación de orixe cumpra os requisitos legais de vacinación.

No caso da solicitude de autoguías a través da OVGAN, cando se trate de explotacións non vacinadas, non será posible obtela e a OVGAN informa ao solicitante que debe solicitar unha guía regular.

RECORDEN: PODEN PEDIR A GUÍA CON 5 DÍAS DE ANTELACIÓN

POR CAMBIOS NA NORMATIVA DA LINGUA AZUL

TÓDOLOS ANIMAIS para entrar no MERCADO DE SILLEDA deberán vir con GUÍA

PARA AXILIZAR A ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN
recomendamos traian a documentación na seguinte orde:

  • Becerros: GUÍA + DIB
  • Cebos e vacas: GUÍA + DIB + DECLARACIÓN da cadea alimentaria (achégase modelo actualizado)

Se é posible, guía por cada tipo de animal (vacas, cebos e becerros).

ARQUIVOS EN PDF:

prezos dos animais subastados

Publicaranse tódolos martes a partir das 11.00 h. e estarán ata as 20.00 h.

prezos VACAS

Pulse para acceder

prezos BECERROS CEBADOS

Pulse para acceder

INFORMACIÓN IMPORTANTE
PARA NOVOS VENDEDORES

Para traer animais á subasta por primeira vez, temos que dalo de alta previamente como vendedor. Para elo debe facernos chegar á seguinte documentación:

  1. Copia da Folla de saneamento da explotación onde figure o nome do titular, dirección e CEA (Aquí pode ver un tutorial en pdf de como descargar a acreditación sanitaria ou folla de saneamento)
  2. Certificado de Situación Censal da AEAT para saber que tipo de iva factura.
  3. Certificado de conta bancaria na que ten que figurar o nome e o DNI do titular da explotación. Os días de pago son: Xoves: becerros; Luns: vacas e cebos.
  4. Número de teléfono
  5. A súa dirección de correo electrónico para enviarlle os recibos de venda dos animais.
  6. Instalar o TOKAPP no móbil (aquí pode ver un vídeo de como se instala)

Unha vez que revisemos a documentación e estea correcta, procederemos a dalo de alta como vendedor e comunicarémoslle a data na que pode empezar a traer animais para a subasta (Que será, por norma xeral, a próxima subasta)

Toda esta documentación pode enviala por correo electrónico a info@centralagropecuariadegaliciaabanca.es  ou por whatsapp ao número da subasta 673798315. Para calquera aclaración pode poñerse en contacto con nos neste mesmo número de teléfono

APLICACIÓN TOKAPP PARA RECIBIR OS PREZOS DOS SEUS ANIMAIS NO MÓBIL

Esta aplicación permítelle:

  • Coñecer o prezo de subasta do seu animal
  • Rexeitar o animal
  • Ou coñecer calquera incidencia que se produza na subasta.

Pode buscala en GOOGLE :

  • TOKAPP mensaxería ,
  • E ESCOLLE o debuxo da BICICLETA, instalar e rexistrarse e cando finalice ten que avisarnos en que número de móbil o fixo para  poder enviarlle os seus datos o día da subasta.
Avise por teléfono ou whastapp ao número da Subasta  673 798 315.

Como fago para rexeitar a venda?

Mediante a app Tokapp recibirá un listado cos números dos seus animais e as poxas máximas. 

No caso de querer rexeitar algunha deberá responder na mesma mensaxe, indicando o número de animal que rexeita e no caso de ser varios indique todos na mesma mensaxe, unha vez enviada xa non se pode volver enviar. 

Só disporá de 15 minutos dende a súa recepción para poder rexeitar a poxa.

ACTUALIDADE DA CENTRAL AGROPECUARIA DE gALICIA ABANCA

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA acadou hoxe o seu prezo medio máis alto na categoría de becerros carniceiros, con 1.827,32€ (ata hoxe esta
Se ben o récord da categoría de Vacún Maior, e da Central, se sitúa nos 10.498€ acadados o 8 de outubro de 2024 por
Por unha banda, rexistrou o maior prezo pagado neste mercado por un becerro carniceiro. O animal, un macho mestizo con etiqueta Ternera Gallega Suprema
Tras o ataque informático sufrido pola Fundación Semana Verde de Galicia o pasado domingo, queremos informar de que: Todos os sistemas informáticos da Fundación
Silleda 29 de abril de 2025.- As poxas da Central Agropecuaria de Galicia Abanca non se celebraron hoxe debido ao apagón eléctrico. A dirección
PERCORREU AS DIFERENTES INSTALACIÓNS DO MERCADO PARA COÑECER A SÚAS ACTUAIS INFRAESTRUTURAS, EQUIPAMENTO E FUNCIONAMENTO ESTIVO ACOMPAÑADO POLO XEFE TERRITORIAL DE MEDIO RURAL EN