Terceiro prezo máis alto dun exemplar de vacún maior na Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, con 9.340€

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou hoxe o terceiro maior prezo pagado neste mercado por un exemplar de vacún maior. Foi un boi de raza Rubia Galega nacido en 2016 e propiedade dunha explotación de Silleda (Pontevedra), o cal foi adquirido por 9.340€ por Cárnicas Champam .Este animal só foi superado na historia da Central por outros dous bois, adquiridos o 15 de febreiro de 2022 por 9.927€ e o 1 de marzo do mesmo ano por 10.469€.