Récord no prezo pagado por unha vaca na Central

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistra o maior prezo pagado por unha vaca neste mercado, adquirida por un operador de Ames

Por terceira vez este ano e por segunda semana consecutiva a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistra o maior prezo pagado por unha vaca neste mercado. Se ben o récord da categoría de Vacún Maior, e da Central, se sitúa nos 10.498€ acadados o 8 de outubro de 2024 por un boi de raza mestiza, en canto ás femias desta categoría o maior prezo estaba nos 8.405€ pagados a semana pasada. Sen embargo, dende esta mañá o maior prezo dunha vaca pasa a ser de 10.393€, pagados por unha vaca de raza Rubia Galega nacida en setembro de 2014 e propiedade da explotación de Emilio López, situada en Chantada (Lugo), a cal foi adquirida polo operador Ganados Caquelo, de Ames (A Coruña).

Este elevado prezo converte tamén a esta vaca no cuarto exemplar da categoría con maior cotización da Central, tras tres bois, de 10.498€ (o récord da categoría de vacún maior e da Central), 10.469€ e 10.461€.