A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA acadou hoxe tres marcas absolutas

Por unha banda, rexistrou o maior prezo pagado neste mercado por un becerro carniceiro. O animal, un macho mestizo con etiqueta Ternera Gallega Suprema nacido en decembro de 2024 e pertencente a unha explotación de Val do Dubra (A Coruña), foi adquirido por Ganados Ignacio, de Ordes (A Coruña) por 3.024€ (ata agora o récord estaba nos 2.762€ que acadou o pasado 29 de xullo un macho de raza Rubia de Aquitania).

Por outra banda, rexistráronse os maiores prezos medios das categorías de vacún maior, con 2.420,78€ (ata agora estaba nos 2.401,98€ do pasado 17 de xuño), e de becerros carniceiros, con 1.710,32€ (ata hoxe estaba nos 1.652,31€ do pasado 27 de maio). Unhas altas cotizacións en sintonía coa tendencia a nivel nacional e derivadas da escaseza destes animais e unha alta demanda.