A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou hoxe o maior prezo pagado por unha vaca neste mercado.

Se ben o récord da categoría de Vacún Maior, e da Central, se sitúa nos 10.498€ acadados o 8 de outubro de 2024 por un boi de raza mestiza, en canto ás femias desta categoría o maior prezo estaba ata hoxe nos 7.728€ (pagados en marzo de 2024).  Sen embargo, dende esta mañá o maior prezo pagado por unha vaca pasa a ser de 7.798€, pagados por unha vaca mestiza nacida en febreiro de 2021 e pertencente a unha explotación de Boimorto (A Coruña), a cal foi adquirida por Frigoríficos Bandeira.