7.139€ O maior prezo pagado por unha vaca neste mercado

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou hoxe o maior prezo pagado por unha vaca neste mercado. Se ben o récord da categoría de vacún maior se sitúa nos 10.469€ acadados por un boi de raza mestiza o 1 de marzo de 2022, en canto ás femias desta categoría o maior prezo situábase ata hoxe nos 6.129€. Sen embargo, dende esta mañá o maior prezo pagado por unha vaca pasa a ser de 7.139€, pagados por unha Rubia Galega con etiqueta Vaca e Boi de Galicia nacida o 15 de febreiro de 2013 e pertencente a unha explotación de O Pino (A Coruña), a cal foi adquirida pola empresa portuguesa Serragados Comércio de Gado