A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA acadou hoxe dous récords absolutos nos prezos medios de dúas categorías. Así, na de becerros de recría o prezo medio da sesión foi de 316,87€ (superando os 310,30€ da semana pasada, os cales á súa vez rebasaran os 309,66€ nos que se situaba o maior prezo medio dende o 31 de marzo de 2015). Así mesmo, na categoría de vacún maior o prezo medio situouse esta mañá en 1.915,24€, pasando a ser o maior ata o momento ao superar os 1.769,21€ do pasado 28 de marzo.
Por outra banda, na Central foi adxudicado hoxe un exemplar de vacún maior que acadou o segundo maior prezo na historia do mercado. Trátase dun boi mestizo nacido en novembro de 2018 e pertencente a unha explotación de Aranga (A Coruña) que foi adquirido por 10.367€ por Frigoríficos Bandeira. Por encima deste exemplar soamente se sitúa outro boi que acadou 10.469€ o 1 de marzo de 2022.