Récord histórico no prezo dun exemplar de vacún maior na Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, con 10.498€

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA superou unha vez máis o seu récord absoluto en canto ao prezo pagado na súa poxa por un exemplar de vacún maior. Se ata hoxe o máximo estaba nos 10.469€ pagados por un boi de raza mestiza o 1 de marzo de 2022, esta mañá situouse nos 10.498€.

O animal, que foi adquirido por Frigoríficos Bandeira, é un boi de raza mestiza con etiqueta Vaca e Boi de Galicia nacido en agosto de 2019 e pertencente a unha explotación de Arzúa (A Coruña).