A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA acadou dous récords absolutos na catergoría de becerros carniceiros

Silleda, 20 de decembro de 2022.- A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA acadou hoxe dous récords absolutos na catergoría de becerros carniceiros. Así, rexistrou de novo o maior prezo medio desta categoría,  ao acadar os 1.054,92€ e superar os 1.032,57€ da semana pasada. Ademais, esta mañá un becerro carniceiro foi adquirido por 1.799€, o maior prezo pagado por un exemplar desta categoría na historia da Central. Trátase dun macho mestizo marcado como Ternera Gallega Suprema nacido en marzo deste ano, procedente dunha explotación de Xermade (Lugo) e adquirido por Alimentación Vetusta, de Oviedo (Asturias).