A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA acadou o seu récord absoluto no prezo medio da categoría de becerros carniceiros

Silleda, 13 de decembro de 2022.- A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA acadou hoxe o seu récord absoluto no prezo medio da categoría de becerros carniceiros, con 1.032,57€ (ata hoxe estaba nos  1.031,74€ que se rexistraran o pasado 18 de outubro).

Como consecuencia disto, acadouse tamén outro récord absoluto no volume de transaccións de becerros carniceiros, con 155.918 € (ata o de agora estaba en 142.385 € rexistrado o 9 de agosto deste ano)