Así, hoxe fíxoo con tres novas marcas en dúas categorías. Por unha banda, rexistrou o maior prezo pagado por un exemplar de becerro carniceiro por partida triple. Se o récord estaba ata hoxe nos 1.807€ pagados por un exemplar o pasado 10 de xaneiro, hoxe tres exemplares foron adquiridos por 1.870€, 1.876€ e 2.026€. Este último prezo, no que se sitúa a partir de hoxe o récord do mercado, foi pagado por un macho mestizo pertencente a unha explotación de Narón (A Coruña) e adquirido polo carniceiro Luis Fontán Lago, de Ribadumia (Pontevedra).
Por outra banda, acadáronse os mellores prezos medios da historia da Central en becerros de recría e becerros carniceiros. Nos primeiros situouse nos 339,45€ (superando os 316,87€ da semana pasada) e supoñendo que o volume de transaccións fora o segundo maior desta categoría na Central, tralos 227.100€ rexistrados o 31 de xullo de 2018. En canto aos becerros carniceiros, o prezo medio foi de 1.073,25€ (superando os 1.072,60€ do pasado 3 de xaneiro nos que se situaba ata hoxe o récord).