Récord histórico no prezo dun becerro carniceiro na Central Agropecuaria: 2.502€

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou esta mañá o maior prezo pagado neste mercado por un becerro carniceiro, ao ser adquirido por 2.502€ por Ganados y Carnes Casanova, de Guntín (Lugo), e superar así os 2.363€ que se pagaran na Central o pasado 16 de xullo por outro exemplar desta categoría. O animal vendido hoxe era un macho mestizo con etiqueta Ternera Gallega Suprema nacido o 9 de febrero deste ano e propiedade dunha explotación de Castroverde (Lugo).