Récord histórico no prezo dun exemplar de vacún maior na Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, con 10.521€

Silleda, 29 de setembro de 2026.- A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA (Silleda) rexistrou hoxe o maior prezo pagado por un exemplar na historia deste mercado, que é o único mercado de vacún informatizado de España. Trátase dun boi de raza Frisona nacido en xullo do ano 2022 e propiedade dunha explotación de Culleredo (A Coruña), o cal foi adquirido por 10.521€ por Frigoríficos Bandeira.

Con esta cifra supera a cantidade do animal que durante case dous anos ostentou o maior prezo acadado por un exemplar na Central, un boi de raza mestiza que se situara nos 10.498€ na poxa do 8 de outubro de 2024.