Silleda, 17.11.26.- A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou hoxe récord por partida dobre en canto ao maior prezo pagado na historia deste mercado por un exemplar. O animal que se sitúa agora como o de maior cotización neste mercado é un boi mestizo nacido en setembro do ano 2022 e propiedade dunha explotación de Arzúa (A Coruña), o cal foi adquirido por 10.939€ por Carnes Viana, de Ourense. O que se sitúa en segundo lugar, pero que tamén supera o prezo récord ata hoxe, é un boi mestizo nacido en marzo do ano 2022, pertencente á mesma explotación e adquirido polo mesmo comprador por 10.636€.
Ambas cifras superan a cantidade do animal que ata esta mañá ostentaba o maior prezo acadado por un exemplar na Central, un boi de raza Frisona que fora adquirido por 10.521€ o pasado 29 de setembro.