Terceiro prezo máis alto dun exemplar de vacún maior na Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, con 10.461€

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou hoxe o terceiro maior prezo pagado neste mercado por un exemplar. Foi un boi de raza Rubia Galega con etiqueta Vaca e Boi de Galicia nacido o 18 de agosto de 2021 e propiedade dunha explotación de Val do Dubra (A Coruña), o cal foi adquirido por 10.461€ por Frigoríficos Bandeira. Este animal só foi superado na historia da Central por outros dous bois, adquiridos o 8 de outubro de 2024 por 10.498€ e o 1 de marzo de 2022 por 10.469€

Por outra banda, hoxe tamén se rexistrou o maior prezo medio da Central na categoría de Vacún Maior, con 2.537,53€ (ata hoxe eran os 2.522,34€ do pasado 17 de marzo).